Campus de Excelencia Internacional - Campus do Mar




O Campus do Mar é un proxecto liderado pola Universidade de Vigo e promovido polas tres universidades galegas, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO). Coa intención de reunir o maior potencial posible e optimizar os recursos dispoñibles, o proxecto aglutina aos axente socioeconómicos e aos grupos de investigación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal relacionados co ámbito marítimo. O Campus do Mar aspira a se converter no dinamizador dunha rede transfronteiriza e integrada de unidades de investigación, docencia e transferencia de tecnoloxía. Os seus obxectivos son: 1. Formar aos mellores profesionais e investigadores no ámbito das Ciencias do Mar. 2. Xerar investigación de calidade e impacto internacionall 3. Proporcionar á industria as mellores ferramentas para mellorar a súa competitividade no mundo globalizado.